Discussão:Afonso II das Astúrias

O conteúdo da página não é suportado noutras línguas.
Adicionar tópico
Origem: Wikipédia, a enciclopédia livre.

Encol do tema das Astúrias, varias cousiñas a terdes en conta (e da que hai documentacón directa e indirecta).


1.- Nas fontes Carolinxias só unha vez, na referencia precisamente máis ceda, ten a dignidade de rei de Asturias, tres como rei de Galicia e de Asturias, nesta orde, e as restantes mencións, 37, son xa sempre como rei de Galicia.


2.- No outorgamento que Afonso II fai no ano 892 en Lugo, ten a dignidade de rei de toda Galicia. Este texto é moi importante. Foi considerado por Sánchez-Albornoz, no ano 1983, como auténtico no seu contido, sendo brutalmente criticado, desprestixiado e rexeitado polos historiógrafos oficialistas: Lugo pasa a ser "de iure" e "de facto" a sé metropolitana (anos 892-1060), é dicir, a capital do reino, e no seu territorio creárase o novo obispado de Oviedo. A nómina de bispos metropolitanos lucenses é importante.


3.- Oviedo pertencía ao sínodo episcopal de Lugo, encadrábase na diócese de Bretoña (hoxe Mondoñedo, Lugo). Aínda no ano 1153 (Concilio de Valladolid) a diócese de Braga, e tamén a de Lugo, reclamaba para sí, con razón, o seu dereito territorial eclesiástico sobre Oviedo.


4.- No primeiro intento da toma de Lisboa, as crónicas árabes apreséntanos a Afonso II como caudillo das milicias ástures, xa que logo os galegos bracarenses loitaban pola súa conta e dirixidos polos seus homes principais. Non ha ser recoñecido como rei da Gallaecia ata a aceptación da "inventio" apostólica do bispo Teodomiro de Iria (Coruña). Lémbrese que Iria e Lugo foron as dúas únicas cidades e dióceses da Península que nin foran esnaquizadas, nin tomadas e nin suspenderan a súa actividade eclesiástica.


Enténdase rei de Galicia ou da Gallecia no sentido que se tira do Tumbo A da catedral de Santiago de Compostela, referido a Afonso III: "rex Galiciarum", é dicir, rei das Galicias, a que conformaron daquelas Braga, a sé metropolitana (asumida temporalmente por Lugo entre os anos 892-1060), Lugo e Astorga. Son xa moitos os autores que asumen o carácter de caudillo local ("princeps") deste rei, dentro dun territorio moito más amplo denominado, dende época romana, como Gallaecia.